Diego's profile(`·.¸¸.·DieguiñO·.¸¸.·´)PhotosBlogListsMore ![]() | Help |
|
(`·.¸¸.·DieguiñO·.¸¸.·´)Tenta ser feliz no día de hoxe, porque non se voltará a repetir...
1/26/2007 Canseime
CANSEIME DO SPACE Como levaba tempo sen cuspir nada novo neste meu espazo, decidín engadir esta nova entrada na que definitivamente paso dest merda... Cada día son máis perezoso e so teño ánimo pra sair de festa, o cal poden corroborrar a miña nai e aboa, ue están fartas de que a rasque tanto... Sen máis, dito isto, deixádevos de internet e caralladas e ídelle tomar algo cos colegas.
¡¡¡ABUR!!!
![]() ![]() TriveSADEEEEEUUUUUSSSSS
Tras 20 anos de caciquismo, favoritismos e de ver como Trives ia morrendo, o candidato do grupo independente de Trives, Francisco Fernández, tomou o día 16 de Xuño de 2007 posesión do bastón de mando do Concello trivés. Apoiado polos socialistas, desprazan ó popular Luis Álvarez fora do goberno tras 20 anos de mandato, así quedou confirmado dito día durante o acto de constitución da Corporación municipal trivesa.
Agrupación Trivesa Independiente presentábase por primeira por primiera vez e convertíuse na segunda lista máis votada. O seu líder, Francisco Xosé Fernández, cree que o segreto está na cercanía. «A xente víu naturalidade no que decíamos, porque non prometíamos grandes cousas, se non transparenza e bo traballo», esto dixo o novo alcalde, que insiste en definirse como xestor do patrimonio municipal e non como político.
Con isto espero que Trives comece a espertar do seu letargo, do seu estado de coma profundo e empece a dar sinais de vida...
TRIVES
![]() O EXITO DA MANIFA DE OURENSEA manifestación de Ourense foi todo un éxito. Asistiron entre 4.000 e 8.000 persoas (dependendo deas fontes) que se uniron, como facía tempo non sucedía en Galiza, nuna causa conxunta: Conseguir que o trazado da futura autovía A-76 discorra pola provincia de Ourense, por terras de Trives e CaldelasAgradécese a todos a vosa asistencia e apoyo que nos fortalece na nosa loita.
Noticias de PrensaEl País ("Los partidos se unen en demanda del paso de la autovía por Trives") La Voz de Galicia ("Cuatro mil personas se manifestaron para reclamar la A-76 por Trives") El periodista digital ("Multitudinaria manifestación en defensa de la A-76") El Correo Gallego ("Miles de vecinos piden que la A-76 pase por la provincia de Ourense") Vieiros ("Proseguen as mobilizacións para esixir o paso de A-76 por Trives") etc, etc... a nosa proposta aparece en tódolos xornais de tirada autonómica e nacional ¡¡¡GRAZAS!!!
AQUILINO Non hai moito tempo, ala polo 10 de marzo deste novo ano 2007, toda a nosa Galiza quedou paralizada, non polo intenso Barça-Madrid, senón porque coñeceu a un gran cantante e mellor persoa, Aquilino Álvarez. Asiduo das Terras de Trives, convertíuse no estandarte deste meu pobo cunha actuación estelar no programa da TVG, Son de Estrelas.
Por todos era coñecido nesta miña vila a súa capacidade vocal, o seu saleiro, e sobre todo a súa vontade. Como se puido apreciar en dito prograga, Aquilino (Quino para os amigos) soupo conquistar a tódolos seus compañeiros coma a tódolas persoas ali presentes coma os televidentes.
O seu papel e fundamental na vila xa que se adica a limpar e liberar os veciños de toda a escoria que poida chegar a pisar ou invadir o noso territorio. Non é un francotirador nin nada diso, é barrendeiro e ben contento que está. Pero tampouco este é o seu papel máis importante. O seu papel máis importante e o de ser... ¡Utilleiro do C.D.Trives (do cal formo parte)! A súa compañía, sempre leda chea de ledicia e múltiples disparates e historias, ameniza as nosas viaxes de hora e pico cara terras próximas ó país veciño coñecido como Portugal. Sobre todo en épocas como as que estamos pasando actualmente, que non é moi boa (era por todos esperadas porque a estrelas non pode xogar, pos que rompín o cruzado e o menisco no verán e como o dos médicos en Galiza vai vento en popa, este verán tampouco me operán..).
En fin... Serían múltiples as historias que podería contar deste home, pero cómpreme o tempo. Sen maís dilacións... deíxovos este video para que o vexades por vos mesmos (o espectáculo comenza cara 1h28min..)
¡¡El que enamora a las nenas!!
¡Aquí tendes un pequeno avance!
¡QUE PODERÍO!
A-76 POR TRIVES ¿Qué significa? Moi sinxelo, que pase a autopista pola nosa zona xa que beneficiaría a máis de vinte concellos do lugar. Ademáis a Fomento saldríalle moito máis barato facelo por aquí que por Monforte de Lemos, que é a outra opción. O tramo, máis específicamente, sería dende Ponferrada ata Ourense. Pasando por A Pobra de Trives aforraríanse 15 Km de recorrido e non sería necesaria a construcción de túneis e pontes como na outra opción. Sería un gran beneficio para esta zona, xa que anteriormente, Monforte quitounos a N-120. Por iso agora reivindicamos este beneficio para nos. A todos aqueles que nos apoian...
¡¡¡GRAZAS!!!
Por necesidade e por xustiza...
MACROBOTELLÓN Fenómeno que reúne a unha gran masa de xóvenes e non tan xóvenes coa finalidade de consumir litros e litros de alcohol a baixo coste, pasar un bo rato e facer novos "amigos". Tratase dunha macrocita co alcohol. Foi convocada vía mensaxes SMS e vía Internet en cidades como Santiago de Compostela, Ourense, A Coruña, Vigo,Madrid, Barcelona, Sevilla, Oviedo, Murcia, Vitoria, Málaga, Córdoba, Granada, Xaén... Pódese dicir que tiveron certo éxito, pero todos eran iguais, máis ou menos xente e máis ou menos alcohol. Ata que chegou a febre do alcohol, mellor dito, ata que cedeu un pouco a febre do alcohol e permitíu pensar os habitantes (eu incluído) do municipio dun servidor (xa que no meu pobo natal non se fai outra cousa que beber e beber, bueno a veces tamén se bebe, pero sempre despois dunha boa resaca, se lles das tempo a que chegue...). O caso e que chegou a novidade a este municipio situado no macizo galaico da provincia de Ourense. ¿Todavía non sabes cál é?Pensa...mmmm....mellor dígobolo eu...¡¡¡Trátase de A Pobra de Trives!! Seguramente non o coñeces, pero seguro que tivo máis titulares co da tua ciudade, e sen ter xornal propio. Clicka en trives e no seu icono e verás o que dicen do meu pequeno pero único e singular pobo. ¡¡¡Trives, porque non necesitamos xente, só alcohol!!!
(Por causas alleas o meu espazo, a páxina de enlace na que aparecían as fotos modificouse e xa non ai fotos...)
12/1/2005 Cousas
COUSAS Aqui porderedes ir vendo tonterías que vaia atopando e que conciden con momentos nos que estou aburrido sen nada máis interesante para facer que poñer mariconadas no espazo....
WANTED!! Dead or alive
REWARD (é cuestión de falalo)
¿Quen é esta personaxe? Chámase Domo-kun (en Xaponés どーもくん) e é a mascota da cadea de televisión NHK de Xapón. Domo-kun, unha pequena criatura marrón con apariencia de monstruo extrano (poderíase confundir fácilmente cun nugget do McDonald); ten os ollos negros e unha boca sempre aberta que revela os seus dentes puntiagudos. Vive nun tobo (madriguera) subterráneo con Usajii, (un vello coello sabio o que lle encanta ver a televisión e beber té.), Morio e Shinobu (dos morcegos), e Ta-chan (unha comadreja adolescente). Adquiriu o nome "Domo" durante o segundo episodio da sua serie, cando un presentador da televisión dixo: "Domo Konnichiwa" (traducible a grandes rasgos como "¡Ola tamén!"). Hai que dicir que o sufijo "-kun" non forma parte do seu nome, senon que é un sufixo referido comúnmente a varóns xoves. A comida favorita de Domo é a carne de vaca sazonada con patacas, e sente un tremendo odio polas mazás. Domo é coñecido por pedarse repetidamente cando se sinte nervoso ou de mal humor (algo así so podría suceder en Xapón). Domo-kun convertiuse nun icono da sociedade xaponesa (recoñecido polo 90% dos colexiales), do que se venden todo tipo de artículos. A pasión por coleccionar os seus artículos también chegau a Estados Unidos, evidenciada pola sua alta presenza en Ebay. No mundo hispanofalante, esta personaxe pode ser recoñecido nunha cómica imaxe que circula por Internet, na que aparecen dous Domo-kun perseguindo un gatiño. Nun rótulo da imaxe pódese ler unha desas dúas frases: "Cada vez que te masturbas, Deus mata a un gatiño" (original); ou tamén "Cada vez que un informático fai unha hora extra, Deus mata a un gatiño" (derivada). Ambas rematan aconsellando: "Por favor, pensa neles". Desto surxiría outra imaxe na que dous gatiños perseguen a un Domo-kun. O rótulo dice: "Cada vez que mandas esa maldita foto (referíndose as anteriores), Deus mata a un Domo-kun", e remata en "Por favor, pensa nos Domo-kun".
Rótulo que o fixo famoso
O outro rótulo que o fixo famoso
Para máis información...
Espero con gran impaciencia a versión Galega
AS VERBAS GALEGAS PARA O SEXO
O que todos os galeg@s estabamos a buscar...
¿SABES O QUE É ÉXITO NA VIDA? Aos 3 anos,..... non mexarse
Aos 6 anos,.... recordar o que fixeche no día Aos 12 anos,..... ter moitos amigos Aos 18 anos,..... ter permiso de conducir Aos 20 anos,..... ter relacions sexuais
Aos 35 anos,..... ter moitos cartos
Aos 50 anos,..... ter moitisimos cartos
Aos 65 anos,..... ter relacions sexuais
Aos 70 anos,.... ter permiso de conducir
Aos 75 anos,..... ter moitos amigos
Aos 80 anos,..... recordar o que fixeche no día
Aos 85 anos,..... non mexarse
>> LEVAS NO MEU ESPAZO <<
|
|||||||
|
|